27/03/2015

A revolución laranxa volve á liga coa visita do Uruguay Tenerife

A revolución laranxa volve á liga coa visita do Uruguay Tenerife

A revolución laranxa, que deixou tan boa pegada no seu debut da Copa de España de Cidade Real 2015, volve á liga de Primeira LNFS mañá, na 26ª xornada, coa visita do Uruguay Tenerife, que recalará en Vista Alegre, como penúltimo clasificado, con 9 puntos. Mariñáns e insulares saltarán á pista ás 18.30 horas, coa antesala do Burela FS Pescados Rubén-Roldán (16.00 horas) de Primeira RFEF.



“Xa tiñamos ganas de volver á competición e demostrarnos que podemos render coma na Copa cunha regularidade. Ese é o obxectivo, manter o nivel de rendemento ofrecido en Cidade Real ante Movistar e Jaén” falaba así Juanlu, con satisfacción. Ao Burela FS quédanlle cinco finais ata o remate ligueiro para cumprir con esa meta: “As contas son gañar os cinco encontros, de un en un. É coma unha segunda Copa; se non vencemos no primeiro, o seguinte xa non serve” facía así referencia o adestrador á cita cos de Tenerife, sendo cauto. “A nosa maior preocupación é o noso equipo; enfrontámonos a un club con grandes dificultades, pero os partidos gáñanse na pista. Afrontamos a cita con respecto e se non xogamos ao cento por cento non gañaremos”, advertía.



Os lesionados Jorge Bellvert e Isi aínda continúan os seus respectivos procesos de recuperación.



Vista Alegre gardará un minuto de silencio antes do asubío inicial en memoria dos falecidos no accidente aéreo de Germanwings ocorrido esta semana nos Alpes, no que viaxaban 51 españois.



Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 9. Behroz, 10. Matamoros, 11.Chano, 13. Álex, 14. Miguel, 17. Carlitos, 23. Antoñito, 27. Renato, 29. Ángel, 30. Hélder




Prezos especiais



Nunha tarde cento por cento laranxa, con partidos de Primeira División RFEF e LNFS, o club habilitará entradas especiais. Para os socios e menores de idade a Tarde Laranxa será gratuíta; os adultos non socios poderán gozar dos dous encontros por tan só 5 euros.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.