04/04/2015

O Burela Pescados Rubén cae por 5-2 na pista do Xaén

O Burela Pescados Rubén despideuse na "Salobreja" das súas opcións de Play Off ao caer por 5-2 ante o Xaén Paraíso Interior. O conxunto mariñao disputou ante o campión de Copa un duelo de alta intensidade no que non logrou manter o ritmo an
O Burela Pescados Rubén cae por 5-2 na pista do Xaén
A escuadra dirixida por Juanlu Alonso comezou o choque con boas sensacións ante un Xaén que quixo marcar o paso desde o inicio. A boa defensa mariñá bloqueou a saída dos andaluces aínda que co paso dos minutos o encontro foise abrindo con ambos equipos gozando de oportunidades para abrir o marcador. Neste intercambio de golpes resultou ganador o Xaén que nunha acción de estratexia conseguía o 1-0, obra de Buendía no ecuador do primeiro periodo. Coa afección amarela envorcada, ambos equipos protagonizaban un partido de ida e volta que acabou rendibilizando mellor o equipo de Dani Rodríguez. Solano ampliou a vantaxe (2-0) e no tramo final Chino e Buendía marcaron o 3-0 e 4-0 respectivamente. Con este marcador chegouse ao descanso e na continuación aínda que o Burela Pescados Rubén perseguiu apurar as súas opcións co gol de Behroz (4-1), minuto 24, os andaluces cortaron calquera atisbo de reacción co 5-1 de Eloy Rojas. Na recta final, Iago Míguez logrou o 5-2 definitivo que deixa aos mariñaos sen Play Off polo título. Ficha técnica Jaén Paraíso Interior: Gonzalo, Fabián, José López, Cuco, Solano –cinco inicial- Borja Blanco, Dani Martín, Eloy Rojas, Buendía, Chino. Burela FS Pescados Rubén: Alex, Iago Míguez, Antoñito, Chano, Helder –cinco inicial- Behroz, Miguel, Carlitos, Ángel. Goles: 1-0, m.10, Buendía; 2-0, m.16, Solano; 3-0, m.18, Chino; 4-0, m.19, Buendía; 4-1, m.24, Behroz; 5-1, m.28, Eloy Rojas; 5-2, m.37, Iago Míguez. Árbitros: Bernabeu Haro, Sánchez Ayala. Incidencias: Partido correspondente á xornada 27 da Primeira División da Lnfs, disputado no pavillón de La Salobreja de Jaén. Aforo completo.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.