08/04/2015

Unha Semana Santa moi deportiva

Unha Semana Santa moi deportiva

As xoias laranxas gozaron dunha Santa Santa percorrendo as pistas, cunha brillante participación tanto no Torneo Kromex Ciudad de Segovia coma no II Torneo Triangular de Semana Santa Imdecum.



O Cadete A conseguiu a quinta praza en Segovia despois de impoñerse a FS Segovia (1-5) e Salamanca (2-5) e sucumbir ante Salinas (4-0) e Palma Futsal (5-3). Pola súa banda, os máis pequenos proclamáronse campións na categoría prebenxamín do Triangular de Imdecum en Burela.



Nerea, campioa galega. A porteira do Burela FS Feminino de Liga Provincial, Nerea Abad, proclamouse campioa de Galicia defendendo a selección de Lugo Cadete en Ourense, o xoves pasado.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.