12/04/2015

AD Alcorcón FSF 4-1 Burela FS Pescados Rubén

AD Alcorcón FSF 4-1 Burela FS Pescados Rubén
O Burela FS Pescados Rubén non puido sumar a súa quinta vitoria consecutiva esta mañá na pista do AD Alcorcón FSF. As madrileñas conseguiron os tres puntos e seguen pelexando por entrar en Copa con 4-1 a favor, nunha cita moi igualada. Tras un axustado 1-0 ao descanso, as pupilas de Iván Cao, Lucas, saíron con frescura no segundo período, pero o acerto por partida dobre da locais en contragolpe fixo dano nas filas laranxas, que apostaron por xogo de cinco sen éxito na recta final.

Los Cantos viviu unha primeira parte moi equilibrada na que ambas as escuadras buscaban a meta rival. As burelistas dispuxeron de boas ocasións pero o desaxuste en finalización non lles permitiu abrir o marcador, algo que si puideron facer as locais, no minuto 13, nun rexeitamento que Andrea Feijoo puxo dentro dos paus.

Saíron as de Lucas moi ben no segundo tramo, con boas sensacións para dar a volta ao electrónico. Os minutos pasaban e as de Alcorcón aproveitaron para ampliar en dous contraataques, con Andrea Feijoo de novo como protagonista (minutos 34 e 35). Con 3-0, o Burela FS Pescados Rubén optou por Shio como porteira xogadora, pero chegou o 4-0 de Desiree, a porta baleira. Non baixaron os brazos as da Mariña e reduciu distancias, no 37, Claudia. O cadro laranxa intentouno ata a extenuación fronte á gardameta local, con perigo pero sen posibilidades de mover o definitivo 4-1.

Ficha técnica

AD Alcorcón FSF: Eva, Isa García, Leire, Anita Luján e Desiree (cinco inicial). Tamén xogaron Natalia Orive, Cris Llanos, Vadillos e Andrea Feijoo

Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Gaby, Bea Mateos e Shiori (quinteto inicial). Tamén xogaron, Maite, Claudia e Tainã.

Goles: 1-0, min. 13 Andrea Feijoo; 2-0, min. 34 Andrea Feijoo; 3-0, min. 35 Andrea Feijoo; 4-0, min. 37 Desirée; 4-1, min. 37 Claudia

Tarxetas: Por Alcorcón amarela a Natalia Orive.

Incidencias: Partido correspondente á 24ª xornada de Primeira División RFEF, disputado no pavillón de Los Cantos.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.