17/04/2015

Mata, intervido con éxito

Mata, intervido con éxito

O pichichi do Burela FS Pescados Rubén, Jorge Valhermoso Matamoros, foi intervido con éxito esta mañá na Clínica Cemtro de Madrid. O doutor Enrique Ibáñez, especialista en Traumatoloxía, Ortopedia e Medicina do Deporte, foi o encargado de realizar a intervención do xogador por un desgarro do ligamento cruzado anterior do xeonllo esquerdo.



O pivote laranxa viuse obrigado a abandonar a pista fronte ao Uruguay Tenerife o 28 de marzo; ademais da devandita lesión, as probas tamén revelaron unha pequena rotura do menisco externo e leve escordarua de ligamento lateral interno. O xogador, que será dado de alta nos vindeiros días, comezará un proceso de recuperación de 6 ou 7 meses na súa casa, en Madrid, arroupado pola súa familia.



O vicepresidente do CD Burela FS Pescados Rubén, José Luis Sáez, quixo agradecer e destacar “a predisposición e profesionalidade con que o xogador está sendo tratado na clínica Cemtro e especialmente polo doutor Ibáñez”.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.