25/04/2015

Valioso derbi de tres puntos para as laranxas

Valioso derbi de tres puntos para as laranxas
O Burela FS Pescados Rubén continúa avanzando con paso firme no seu camiño cara á Copa de España co triunfo desta tarde na pista de Ourense Envialia (1-3). Con estes tres puntos, as de Lucas colócanse a 4 puntos do segundo, Cidade das Burgas, que empatou na pista do Gironella.

O conxunto mariñán expuxo un partido moi serio, sobre todo en defensa. As filas laranxas, que acudían aos Remedios moi minguadas de efectivos, optaron por plantarse en media pista, mostrándose infranqueables para as ourensás, que apenas dispuxeron de oportunidades, e apostando pola intensidade vertical. Xa no minuto 5, Taina estreaba o marcador cun disparo ao segundo pau asistida por unha diagonal de Peque. No 17, Claudia ampliou distancias recollendo o esférico tras falta ao bordo do área. A tan só 30 segundos para o descanso, Marta subiu o 1-2 para as locais, nun rexeitamento.

No segundo período o perigo tamén o dominaron as burelistas, con fluidez en contraataque. Rozando a medianía desta parte, Taina volveu aliarse co gol nun lanzamento de lonxe tras roubo de balón. A falta de 8 minutos para o final o Envialia quixo remontar con porteira xogadora sen opcións; as filas laranxas tan só lle permitiron tímidas tentativas de lonxe. O Burela FS Pescados Rubén mostrouse impertérrito e ata dispuxo dalgunhas ocasións a porta baleira; a máis clara, de Peque, estrelouse contra o poste.

Ficha técnica

Ourense Envialia FSF: Sarita, Bea Seijas, Ro, Laura, Sara Moreno -cinco inicial- Marta, María Romero, Chiqui, Anita, Peke, Chev

Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Claudia, Peque, Gaby, Bea Mateos -cinco inicial- Tainã, Cris, Paula.

Goles: 0-1, minuto 5, Taina; 0-2, minuto 17, Claudia; 1-2, minuto 19, Marta; 1-3, minuto 30, Taina

Árbitros: Vázquez Castellano // Fernández Méndez (Ourense)

Tarxetas: Por Ourense amarela a Sara Moreno (minuto 23), Chev (30). Por Burela amarela a Peque (minuto 39)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 26 de Primeira División RFEF disputado nos Remedios.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.