30/04/2015

Emoción extra no derbi

Emoción extra no derbi

O Burela FS Pescados Rubén pechará os seus compromisos a domicilio na penúltima xornada de Terceira División coa visita á pista do intratable Pizzería A Fuga SD Xove FS. O líder, con tres puntos de vantaxe sobre A Estrada FS, recibe os pupilos de Juanma Marrube mañá, no municipal, ás 19.00 horas.




Un punto ante Pazos



Na última xornada, o Burela FS B conseguiu sumar un punto fronte ao Pazos de Borbén (3-3) nunha cita na que os da Mariña chegaron a ter unha vantaxe de 3-0.



Ficha técnica



Burela FS B: Erik, Aitor (1), Pancho, Daniel (1), Hélder, cinco inicial; Rubén, Alemán, Ángel (1) e Javi Fajardo



Pazos de Borbén FS: David, Hugo, Luis, Borja, Jonathan Navarro (1), cinco inicial; Jonatan Fragueiro (2), Alberto



Árbitros: Coello Martínez // Menéndez Nistal (Viveiro). Por Burela FS  amarela a Rubén e Ángel; por Pazos amarela a Luis e Borja

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.