30/04/2015

O Burela FS recibe o Majadahonda afastándose da zona baixa

O Burela FS recibe o Majadahonda afastándose da zona baixa

O Burela FS Pescados Rubén recibe na 27ª xornada de Primeira División RFEF o Majadahonda FSF Afar 4, que chegará o sábado a Vista Alegre (18.30 horas) na duodécima praza (21 puntos) afastándose da zona baixa.



Tras a importante vitoria da semana pasada en Ourense (1-3), as pupilas de Lucas buscan seguir dando pasos para selar a súa presenza na Copa de España, aferrándose á terceira praza (58 puntos) e á espreita dunha posible escalada. Lara, por lesión, seguirá sen entrar na convocatoria; quen regresa, non obstante, é Maite, que xa puido adestrar durante a semana, tras unha rotura fibrilar.



A axenda dos rivais directos a priori está máis axustada. Cidade das Burgas defende a segunda praza (62 puntos) en derbi, fronte ao Ourense Envialia, sétimo (45 puntos), e o Universidad de Alicante, cuarto (54 puntos), recibe o sexto, Rioja (49 puntos).



A liga volverá o 16 de maio coa visita das mariñás á pista do Poio.



Convocatoria Burela Pescados Rubén: 1. Jozi, 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 17. Maite, 13. Patri, 14. Bea Mateos, 19. Paula, 20. Tainã.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.