02/05/2015

O Burela sufriu máis do agardado para gañar (3-2) ao Majadahonda

O Burela Pescados Rubén sufriu máis do esperado para vencer ao Majadahonda FSF Afar4 por 3-2 . O conxunto mariñao sumou tres puntos ante un rival escaso de recursos que aproveitou a súa oportunidade para pelexar por un empate que finalmente
O Burela sufriu máis do agardado para gañar (3-2) ao Majadahonda
Durante o primeiro periodo a superioridade burelá non tiña discusión e sen realizar un partido brillante dominou en todo momento ao Majadahonda. Nos primeiros minutos a mellor ocasión tívoa Claudia co seu remate ao pau e no minuto 8 sería Cris a encargada de abrir a lata visitante. Co 1-0 incrementouse o control laranxa aínda que se resistía o segundo tanto ata que Peque logrou finalizar unha boa xogada para situar o 2-0. Tainã probou fortuna nun par de ocasións con disparos de longa distancia que se foron desviados por pouco. Co 2-0 chegouse ao descanso e na continuación o Burela Pescados Rubén saíu disposto a non deixarse sorprender. Cunha presión alta encerrou ao Majadahonda que non lograba sacudirse o dominio marinao. A insistencia laranxa tivo o seu premio nunha xogada guiada por Peque que asistiu a Claudia para establecer o 3-0 que parecía sentenciar o partido pero no minuto 31 as madrileñas sorprenderon, por partida dobre, á escuadra local. Marta Rodríguez aproveitou unha perda no área laranxa para situar o 3-1 e dez segundos despois Marta Mateo peitea un balón longo que sorprende a Jozi para establecer o 3-2. Os desaxustes mariñaos facilitaron que as madrileñas medraran e case conseguen o empate que evitou Jozi tras disparo de Marta Rodríguez. O 3-2 provocou o desconcerto local e de novo Marta Rodríguez puido lograr o empate pero o seu disparo saíu desviado por pouco. Na recta final as madrileñas apuraron as súas opcións con xogo de cinco pero o marcador non se moveu e os tres puntos quedáronse en Vista Alegre. Ficha técnica Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Bea Mateos, Gaby, Claudia, Peque –cinco inicial- Cris, Tainã, Paula. Majadahonda Afar 4: Laura, Laura Morales, Marta Mateo, Marta Rodríguez, Mónica –cinco inicial- Marta Vaquero, Gabriela, Celia, Sofía. Goles: 1-0, m.8, Cris; 2-0, m.18, Peque; 3-0, m.26, Claudia; 3-1, m.31, Marta Rodríguez; 3-2, m.31, Marta Mateo. Árbitros: Cubero Díaz, Fernández Formoso. Colegio gallego. Amosaron cartón amarelo a Bea Mateos del Burela Pescados Rubén e a Marta Rodríguez e Laura Fernández do Majadahonda. Incidencias: Partido correspondente á xornada 27 de Primeira División. Disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 300 espectadores.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.