07/05/2015

'Descubre o Fútbol Sala' visita San Cibrao

'Descubre o Fútbol Sala'  visita San Cibrao

O Burela FS Pescados Rubén estreou o mes de maio co programa ‘Descubre o Fútbol Sala’ no CEIP Cervo Número 1 de San Cibrao. Álex, Hélder e Gaby, acompañados polo coordinador da base laranxa, Christian Fustes, gozaron onte de animados adestramentos co alumnado de 5º e 6º de Primaria do centro cervense.

O mes pasado o club mariñán tamén compartiu experiencias cos preto de 60 pequenos/as, de entre 6 e 12 anos,  do CEIP Terra Chá de Vilalba, con Jorge Bellvert, Carlitos, Cris e Juanma Marrube. Mañá, San Miguel de Reinante será o destino da filosofía burelista; colexios de Xove, Mondoñedo, Foz e Covas tamén recibirán a visita da Familia Laranxa nas vindeiras semanas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.