12/05/2015

O mundo laboral, máis de preto dende o CD Burela FS Pescados Rubén

Un curso máis o CD Burela FS Pescados Rubén abriu as súas portas como destino das prácticas formativas do alumnado do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas do IES Monte Castelo. Dende comezos de abril, Pablo García Liz, do Vala
O mundo laboral, máis de preto dende o CD Burela FS Pescados Rubén
O CD Burela FS Pescados Rubén xa cumpriu un quinquenio nesta colaboración co IES Monte Castelo, nunha aposta conxunta, de valoración e difusión da práctica deportiva, na que ambas as entidades levan traballando dende o nacemento do club laranxa. Ademais de figurar como centro de traballo para o desenvolvemento formativo do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas, o club tamén organiza charlas educativas e conferencias relacionadas coa saúde e a práctica deportiva, como axuda prestada ao centro de ensino. Pola súa banda, o instituto burelao apoia a entidade laranxa a través de recursos humanos e materiais, cedendo as súas instalacións para diferentes proxectos e iniciativas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.