16/05/2015

Poio Pescamar FSF 1-3 Burela FS Pescados Rubén

Poio Pescamar FSF 1-3 Burela FS Pescados Rubén
O Burela FS Pescados Rubén volveu demostrar que a motivación de duelo irmandiño non se lle dá nada mal; reinou no último derbi galego da tempada impoñéndose a domicilio 1-3 ante o Poio Pescamar FSF.

As pupilas de Iván Cao, Lucas, tiveron que remar fronte ao tanto temperán das pontevedresas, que xa no minuto 2 conseguiron adiantarse no marcador ao quedar Ana Carolina soa ante Jozi tras un desaxuste laranxa nunha parede. As mariñás souberon recompoñerse aos poucos e tiveron paciencia para atopar o oco idóneo nas filas do Poio, que apenas xerou perigo sobre a meta burelista, a excepción dun par de contras; a falta dun minuto para o descanso, Peque anotou a igualada de cabeza tras un pase longo de Jozi.

Tras o descanso, a cor laranxa cobrou máis brillo sobre a pista, subindo ritmo e liñas. Con todo, o Burela FS tivo que esperar ata superar o ecuador da segunda parte, no minuto 33, para poñerse por diante nas zapatillas de Maite, que aproveitou un rexeite de Peque ao segundo pau, tras saque de esquina. A 7 mariñá si puido marcar o seu segundo gol do encontro tan só un minuto despois; Peque selou o definitivo 1-3 soa ante a portería pontevedresa tras unha xogada individual de Cris pola banda superando as filas locais.

Ficha técnica

Poio Pescamar FSF: Silvia, Claudia, Ana Carolina, Yolanda, Elena (cinco inicial). Tamén xogaron Jennifer, Souza, Rosario, Tania, Nerea e Sara

Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Gaby, Claudia, Cris (quinteto inicial). Tamén xogaron Maite, Paula e Patri

Goles: 1-0, min. 2, Ana Carolina; 1-1, minuto 19, Peque; 1-2, minuto 33, Maite; 1-3, minuto 34, Peque

Árbitros: Roberto Amor // Rubén Pena (Ferrol)

Tarxetas: Por Poio amarela a Rosario (minuto 30). Por Burela amarela a Paula (minuto 29)

Incidencias: Partido correspondente á 28ª xornada de Primeira División RFEF, disputado no pavillón municipal de Poio.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.