26/05/2015

Carlitos, reafirmación da aposta polo Futuro Laranxa

Carlitos, reafirmación da aposta polo Futuro Laranxa

O CD Burela FS Pescados Rubén reafirma a súa aposta polo Futuro Laranxa coa continuidade do prometedor Carlos Vale Izaguirre, Carlitos. O canteirán formalizou o seu contrato, por dúas tempadas, na sede do club xunto ao presidente, Manuel Blanco, e o directivo Marcelino Lúa, que destacaron o compromiso, traballo e actitude do xogador formado na base da entidade. “Carlitos é un claro exemplo de que con constancia se pode medrar e atopar un oco na elite deste deporte; é un xogador da casa ao que lle quedan moitas cousas bonitas por vivir no fútbol sala” explicaba Manuel Blanco.



“O meu desexo era seguir en Burela, aínda que non sabía se tería oportunidade. Cando o club mo propuxo non o dubidei” asegurou con alegría Carlitos, a piques de cumprir os 21 anos. “Juanlu depositou a súa confianza en min meténdome paseniño nas rotacións e souben responder ben. Foi unha tempada perfecta, cun grande ambiente entre os os compañeiros e coa incrible experiencia da Copa de España”, recordaba con emoción o ala mariñán, con 29 partidos dás costas en 2014-15, 15 deles como titular.



“Espero seguir demostrando todo de min para que Daniel tamén confíe en min, coma Juanlu, e que se vexa un Carlitos con máis gol” revelaba así as súas intencións para 2015-16 o 17 laranxa, patrocinado na última campaña por Alain Afflelou Óptico de Burela.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.