29/05/2015

Broche en Pamplona

Broche en Pamplona

O CD Burela FS Pescados Rubén porá o broche á competición regular de Primeira División RFEF 2014-15 mañá en Pamplona, ás 18.00 horas, na pista do CD Orvina.



“Tivemos unha semana moi boa de adestramento, coa boa nova da recuperación de Peque, aínda que de momento non puidemos dispoñer de Lara; coas molestias que sente no nocello vai ser difícil que poida chegar á Copa” reflexionaba así Lucas o transcurso da semana sen contratempos. “Esperamos continuar na boa liña de preparación para a Copa fronte a un equipo que non se xoga nada, pero que quererá despedir a tempada ben ante a súa afección” puntualizaba o técnico sobre o último rival laranxa, 13º clasificado (23 puntos), que non poderá contar con Laura Jiménez, por sanción.



A escuadra mariñá afronta a xornada final na terceira praza a tan só un punto do segundo posto que ostenta Cidade das Burgas, equipo co que ser verá as caras nas semifinais da Copa de España en Navalcarnero o sábado 6 de xuño. “Será o cuarto derbi que nos enfronte esta tempada, con dúas vitorias para nós e unha para elas. Será un partido complicado, pero moi bonito” adiantaba Lucas.



A expedición puxo rumbo á última cita coa liga  ás 14.00 horas. Na convocatoria estrearase a ala zurda do equipo filial Carla González.



Convocatoria Burela Pescados Rubén: 1. Jozi, 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 17. Maite, 13. Patri, 14. Bea Mateos, 19. Paula, 20. Carla



Copa de España Navalcarnero 2015



Sábado 6 de xuño
Cidade de As Burgas – Burela FS Pescados Rubén - 10:30 horas
Atlético Féminas Navalcarnero – Universidad de Alicante – 13:00 horas



Domingo 7 de xuño
Final: 12:00 horas

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.