07/06/2015

O Atlético campión de Copa logo de vencer ao Burela (6-3)

O Atlético Féminas Navalcarnero revalida o título de campión da Copa de España tras impoñerse por 6-3 ao Burela Pescados Rubén. A escuadra mariñá compensou os seus escasos efectivos con orgullo e alma aínda que as colchoneiras manexaron o g
O Atlético campión de Copa logo de vencer ao Burela (6-3)
A posta en escena da final mostrou un Burela Pescados Rubén seguro e con maior mordente ofensiva que a escuadra colchoneira. Tras un par de serios avisos das burelás, Maite protagonizou a mellor ocasión pero o pau impediu o tanto. Dentro da igualdade reinante, as mariñás xeraban maior sensación de perigo ante un Futsi que aumentaba a súa intensidade co paso dos minutos e tras superar o ecuador logrou situarse por diante cun tanto de Natalia (1-0). O gol confirmaba a melloría roxiblanca mentres o Burela acusou o golpe e non puido evitar que as anfitrionas aumentasen a súa renda. Ari marcou o 2-0, minuto 16, tras unha boa acción de Ju Delgado e con este marcador chegouse ao descanso. Na continuación o Burela Pescados Rubén non se resignou ante o dominio roxiblanco e nun gran contragolpe Peque recortou distancias (2-1). O gol de Peque revitalizou os ánimos mariñaos pero a resposta do campion non se fixo esperar e Peke aproveitou un despexe curto de Jozi para situar o 3-1. Remando contra corrente, as burelás volveron dar mostra do seu orgullo superando a defensa madrileña pero atopando o muro de Belén. A porteira roxiblanca evitou que o Burela se achegara no marcador con tres intervencións de mérito ante Bea e Peque por partida dobre. Tras esta fase de apuro, o Futsi mostrou a súa calidade colectiva cunha bonita combinación que Leti certificou en gol (4-1), minuto 29. Este marcador xerou moita tranquilidade ás madrileñas que dominaban con claridade así que o Burela buscou con porteira xogadora, minuto 30, modificar o devir do choque. Gaby reduciu a diferenza (4-2) e o Atlético tamén alternou o xogo de cinco para asegurar a posesión e desgastar máis a un Burela canso pero que non se rendía con Peque como estandarte. A final estaba na recta final e Peque abriu unha fiestra á esperanza co 4-3 pero uns segundos despois Rosana pechou con firmeza esa mesma fiestra (5-3) difuminando a reacción galega. No último minuto Ariane selou a vitoria co 6-3 definitivo que proclamaba campión ao Atlético Féminas Navalcarnero. MVP. A organización concedeu o premio á xogadora máis valiosa da Copa de España á xogadora do Burela Pescados Rubén Patricia González Mota “Peque”. Ficha técnica Atlético Féminas Navalcarnero (0): Belén, Ju Delgado, Ari, Leti, Rosana ?cinco inicial- Desirée, Natalia, Marta Pelegrín, Peke. Burela FS Pescados Rubén (0): Jozi; Claudia, Peque, Gaby e Bea Mateos ?cinco inicial- Maite. Goles: 1-0, m.12, Natalia; 2-0, m.16, Ari; 2-1, m.24, Peque; 3-1, m.27, Peque; 4-1, m.29, Leti; 4-2, m.33, Gaby; 4-3, m.37, Peque; 5-3, m.37, Rosana, 6-3, m.40, Ari. Pavillón: A Estación de Navalcarnero. 500 espectadores. Colexiados: Celador Hernández e Losada Pérez, colexio madrileño. Cartón amarelo a Maite e Peque do Burela Pescados Rubén. No palco de autoridades estiveron presentes Antonio Escribano, presidente do Comité Nacional de Fútbol Sala, Venancio López seleccionador nacional; Javier Lozano, presidente da Liga Nacional de Fútbol Sala; Julio Cabello, presidente da Federación Madrileña, así como os presidentes e directivos do Burela FS Pescados Rubén e Atlético Féminas Navalcarnero.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.