11/06/2015

O 7 laranxa seguirá sendo de Isi

O 7 laranxa seguirá sendo de Isi

O 7 laranxa seguirá sendo do ala Isidoro Garrido Luque, Isi. O cordobés reuniuse co presidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez, na sede da entidade para formalizar a súa continuidade por dúas tempadas máis.



“Estou encantado de seguir en Burela. En canto o club mo propuxo non houbo nada que pensar” admitía con brillo nos ollos Isi, unha das grandes referencias de solidez no equipo dende a súa chegada á Mariña en 2012-13. Tras unha excelente campaña, o xogador laranxa recoñece certo sabor agridoce por non poder vivir dende a pista o debut do conxunto na Copa de España, debido a unha luxación de ombreiro: “Teño unha espiña cravada pero espero sacala o próximo ano” adiantaba así Isi prometendo máis da súa esencia para 2015-16: “Serei o mesmo, un xogador de equipo, que o dá todo polo equipo. Esperemos que a tempada sexa parecida a esta, sen as lesións claro, competindo e dando guerra en todas as competicións posibles”.



Dende a directiva, presidente e vicepresidente coincidiron en destacar o compromiso e sacrificio de Isi como unha das principais armas burelistas. “É un xogador de garra, moi solidario, que se deixa a pel en cada xogada”, puntualizaba Manuel Blanco, moi satisfeito coa renovación do andaluz.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.