22/06/2015

Recepción aos méritos cadetes no Concello de Burela

Recepción aos méritos cadetes no Concello de Burela

Burela homenaxeou a tempada e os méritos da base burelista cunha recepción oficial esta mañá no consistorio dos equipos Cadete A, campión de Copa Galega, e Cadete B, campión de Liga e Copa Provincial.



Acompañados polo vicepresidente do CD Burela FS Pescados Rubén, José Luis Sáez, e o secretario técnico, Juanma Marrube, ademais de adestradores e delegados, os rapaces foron recibidos esta mañá no salón de plenos polo alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro Ramiro Fernández, que felicitaron os deportistas e o club polos títulos acadados.



“O fútbol sala é moi importante para Burela; os vosos logros e os do CD Burela FS Pescados Rubén represéntanos a todos os vecinos“, destacou Alfredo Llano, animando os rapaces a seguir traballando polo que lles gusta. “Unha dos nosas prioridades en Deportes é a formación de base e para iso traballaremos; no fútbol sala tedes un gran espello no que mirarvos en Primeira División; aproveitade esa oportunidade”, engadiu Ramiro Fernández



Dende o club laranxa, José Luis Sáez agradeceu “o compromiso e dedicación de técnicos e delegados ao longo da tempada, nunha tarefa que non é nada doada ás veces, e o apoio da base brindado dende o Concello de Burela”. Tamén felicitou a Cadete A e B “non só polos títulos senón sobre todo polo esforzo do día día”. “Só con traballo se obteñen froitos”, puntualizaba Juanma Marrube.



2015-16



O CD Burela FS Pescados realizará mañá e o mércores os adestramentos de acceso 2015-16 para cadetes (17.00-18.30 horas) e xuvenís (18.30-20.00) en Vista Alegre.



Ata o martes 30 de xuño estará aberta a matrícula da ED Burela FS 2015-16, destinada aos grupos de Miniprebenxamín, Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil; coa incorporación da categoría de Iniciación, correspondente aos nen@s nacid@s en 2010 e 2011.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.