07/07/2015

O Burela FS presenta a Iago Rodríguez como primeiro reforzo 2015-16

O Burela FS presenta a Iago Rodríguez como primeiro reforzo 2015-16

O lugués Iago Rodríguez Ulla vestirá a camisola laranxa a vindeira tempada. Procedente do Prone, o ala, de 22 anos, foi presentado polo CD Burela FS Pescados Rubén na súa sede xunto ao presidente, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez, que destacaron a chegada de Iago á Mariña como “unha boa combinación de frescura e xuventude, cun gran plus de experiencia en Primeira”.



“Despois dun ano moi difícil necesitaba un novo reto, recuperar as ganas de xogar, e cando se me presentou a oportunidade en Burela tíveno moi claro, por equipo, porque está preto da miña casa e porque é un club serio. Sei que podo dar un bo rendemento e ter grandes opcións de mellora, rodeado de bos xogadores”, explicaba o primeiro reforzo burelista, destacando as virtudes laranxas: “O Burela FS mantén un bo bloque, que realizou un temporadón, ao que chego para intentar achegar o meu gran de area, traballando, disfrutando do fútbol sala e axudando aos meus compañeiros”. Iago Rodríguez será unha das caras novas, xunto ao técnico, Daniel Ibañes, para o que tamén só ten eloxios: “Como sexa coma adestrador a metade do que foi como xogador, un dos mellores da historia, podemos pelexar por todo. Estou moi ilusionado de traballar con alguén que coñece tanto do fútbol sala e espero poder aprender moito”.



“Estiven toda a miña vida en Lugo, así que a estrea en Vista Alegre será aínda máis especial para min; estou desexando comezar. Como rival non me foi nada ben; un partido non puiden xogalo porque estaba enfermo e nos outros dous lesioneime; espero que como local sexa máis positivo” puntualizaba entre risas Iago.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.