09/07/2015

Lara, segunda renovación laranxa

Lara, segunda renovación laranxa

A ala viveirense Lara Balseiro cumprirá a sexta tempada vestindo de laranxa. A xogadora mariñá, de 22 anos, asinou a renovación co CD Burela FS Pescados Rubén para 2015-16 na sede laranxa xunto ao presidente, Manuel Blanco, e o directivo José Ángel Dovale.



“Burela sempre foi a miña primeira opción e  alegreime de que o equipo quixera seguir contando comigo” recoñecía Lara. Tras un final de liga un pouco complicado, cunha lesión de nocello latosa que lle impediu gozar dos últimos compromisos, a viveirense amósase con ganas de saltar á pista: “Aproveitarei o verán para poñerme a punto para pretempada; seguirei traballando para mellorar nun equipo que espero que sexa o de sempre, loitando por todo”.




Con Peque, Lara convértese na segunda renovación burelista para a nova campaña. “A pesar da súa xuventude, Lara xa é toda unha veterana no equipo, que representa fielmente a filosofía da entidade; unha xogadora da comarca que medrou con nós, un perfecto reflexo para todas as nenas da Mariña ás que lles gusta o fútbol sala”, valorou así Manuel Blanco a continuidade da 10 laranxa



.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.