10/07/2015

O pivote Javier García, Chino, incorpórase á estrutura mariñá

O pivote Javier García, Chino, incorpórase á estrutura mariñá

O pivote Javier García Moreno, máis coñecido como Chino, será xogador mariñán en 2015-16 . O albaceteño, de tan só 23 anos, chega ao CD Burela FS Pescados Rubén como campión da Copa de España 2015 con Jaén Paraíso Interior, equipo no que militou a última tempada.



Con tan só 16 anos, Chino debutou en Segunda División na súa terra, co Albacete FS. Rapidez, pegada e gol abríronlle as portas de Primeira en 2012-13 co Puertollano FS e despois con Montesinos Jumilla FS, no súa estrea na máxima categoría, en 2013-14. O novo xogador laranxa recala na Mariña con 12 dianas en liga, unha semifinal perfecta de Copa de España 2015 ante os burelistas e dous goles na final de Cidade Real ante o Barcelona.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.