14/07/2015

Bea Mateos renova co Burela Pescados Rubén

Bea Mateos renova unha tempada máis co CD Burela FS Pescados Rubén tras asinar un acordo que “foi moi rápido xa que a miña prioridade era quedarme en Burela” manifestou a xogadora salmantina que estivo acompañada por Manuel Blanco e Rubén B
Bea Mateos renova co Burela Pescados Rubén
Con esta renovación Bea Mateos cumprirá o seu terceiro ano no club mariñao, tempada na que espera “regresar á miña mellor versión xa que entre os altibaixos do equipo e a miña lesión non puiden ofrecer o rendemento do meu primeiro ano en Burela”. Respecto da tempada finalizada comentou que “foi moi difícil porque non mostramos a regularidade necesaria. En Liga despedímonos moi pronto das opcións reais polo título e a traxectoria era descendente aínda que na recta final logramos enderezar o rumbo para clasificarnos para a Copa e disputar unha final na que demos a cara” . O subcampionato da Copa de España “deixounos mellores sensacións aínda que non podemos dicir que estabamos contentas”. Na nova tempada Bea Mateos está convencida de que “teremos un equipo competitivo. O Burela Pescados Rubén sempre amosou esa filosofía e volveremos competir polos títulos. A nosa ilusión é darlle á afección moitas alegrías, meréceno de sobra”. O presidente do club, Manuel Blanco, celebrou a continuidade de Bea Mateos xa que “é unha xogadora de calidade contrastada e que aporta moitas cousas ao equipo. O interese para chegar a un acordo de renovación era mutuo polo que foi sinxelo formalizalo. Desexamos que Bea Mateos siga contribuíndo co seu esforzo e compromiso aos obxectivos do equipo”.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.