21/07/2015

A internacional Ceci defenderá a camiseta laranxa en 2015-16

A internacional Ceci defenderá a camiseta laranxa en 2015-16
A ala-pivote internacional Cecilia Puga Tejero defenderá a camisola laranxa en 2015-16. Ceci (Marín, 1987), procedente do Lazio italiano, foi presentada polo CD Burela FS Pescados Rubén na entidade da estrutura mariñá, xunto ao presidente, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez. “Cando recibín a chamada de Burela, tiña claro que era o equipo no que quería xogar a próxima tempada. A miña intención era regresar a España, a un club preto da casa. Burela é un dos mellores clubs de España, cun gran palmarés, sempre competitivo e opcións a títulos, un equipo para xogadoras con ambición. En canto a organización e base é unha entidade ben estruturada que ademais aposta firmemente polo fútbol sala feminino”, explicou a pontevedresa que regresa ao fútbol sala español despois dun ano en Italia “como boa experiencia con cousas positivas”, tras ascender a Primeira co Poio FSF e converterse no seu gran baluarte ofensivo. A ala-pivote zurda, que debutou en Honra con tan só 14 anos nas filas do Ponte Ourense, recala na Mariña “con confianza” e para “axudar con traballo cara ao equipo e dar o mellor de min para que o grupo se vexa beneficiado”. “Espero ofrecer a miña mellor versión, facer un gran ano con Burela e conseguir os máximos logros posibles”, confesaba a pontevedresa con humildade agardando que “a miña sorte cara o gol tamén poida axudar”. Ceci súmase ao proxecto laranxa 2015-16, xunto ás renovacións xa formalizadas de Peque, Lara e Bea Mateos. Dende o club presidente e vicepresidente destacaron a chegada da pontevedresa como “un gran reforzo moi enriquecedor ofensivamente”. “Somos un bloque que conseguiu asentarse na elite do fútbol sala español e cada ano loita por todo tendo como acicate o traballo e o esforzo; Ceci adaptarase aquí á perfección”, puntualizaba Manuel Blanco.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.