23/07/2015

Elxe, primeiro destino das laranxas en 2015-16

Elxe, primeiro destino das laranxas en 2015-16

O CD Burela FS Pescados Rubén estreará a liga de Primeira División RFEF 2015-16 o 16 de setembro na pista do Elche CF, que regresa á elite nunha tempada onde volverá brillar o fútbol sala galego coa presenza de Poio FS, Valdetires, Ourense Envialia e Cidade das Burgas, xunto ás laranxas.

A afección mariñá poderá deleitarse do espectáculo futbolístico en Vista Alegre na segunda xornada, o día 26, fronte ao Rubí FS.

A primeira volta despedirase xa en 2016, o 23 de xaneiro, coa visita do Rioja FSF. O enfrontamento entre logroñesas e burelás pechará a liga o 4 de xuño, en la jornada 30.

 

CALENDARIO ADXUNTO

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.