10/08/2015

Andrea C.: 'É un gran cambio pero merece a pena'

Andrea C.: 'É un gran cambio pero merece a pena'

Dende terras levantinas, Andrea Carla Marín Onteniente recala na Mariña. O CD Burela FS Pescados Rubén será a primeira experiencia da porteira murciana lonxe da súa terra. “É un gran cambio, pero merece a pena; a miña carreira necesitábao e creo que Burela é o sitio adecuado, un lugar onde evolucionar deportiva e persoalmente”, explicaba a nova 13 laranxa, arroupada na súa presentación oficial polo presidente, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez. “É unha porteira con proxección de futuro, pero tamén cun gran presente, con tan só 23 anos; aportará ilusión e fortaleza ao equipo”, coincidiron en salientar os dirixentes burelistas da incorporación procedente do Jimbee Roldán FSF.



“Atopeime cun grupo xenial; o recibimento foi moi acolledor, cun excelente trato no Mesón O Poeta” valoraba así Andrea as súas primeiras impresións no seu novo equipo, facendo referencia tamén ás súas inquedanzas deportivas para o novo exercicio, nunha posición sempre moi rifada: “Creo na competencia sa. Veño aprender e a loitar polo ben do grupo. Aspiro a todo co Burela FS; teremos a Supercopa como primeiro reto, competiremos pola liga e teño moitas ganas de vivir a miña primeira experiencia na Copa de España”, repasaba a gardameta, encomiando ademais a resposta da bancada laranxa: “Vin xogar a Vista Alegre tres veces como rival; desde o primeiro partido vin o encanto da afección. Como a de Roldán, é unha afección moi próxima, un grande apoio para que os obxectivos se sintan máis preto”.




 

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”