05/09/2015

Burela Pescados Rubén 3-1 Prone Lugo

Burela Pescados Rubén 3-1 Prone Lugo
O CD Burela FS Pescados Rubén di adeus aos compromisos de preparación 2015-16 tras impoñerse esta tarde en Vista Alegre ao Prone Lugo AD 3-1, con dianas de Antoñito por partida dobre e Jorge.

No ecuador da primeira parte, Antoñito aproveitou, desde balón parado, para perforar a rede, sentando a Óscar Iglesiaas. Con todo, Nacho Pedrazo igualou a contenda no minuto 12, fronte a un Álex ao bordo da área. Jorge Bellvert soubo como volver adiantarse pouco despois, no 14, desde saque de esquina de Chino en colaboración con Iago Míguez. Hélder avisou desde media pista, pero foi Antoñito de novo quen volveu ver portería, no 18, sentenciando de tacón un pase longo ao bordo da área.

A segunda parte arrincou con cambio na meta, Edu e Juan Rivero. Menos precisos estiveron os laranxas nos últimos metros; sobre o minuto 30, Iago Rodríguez dispuxo das mellores ocasións dos da casa por partida tripla; en dúas ocasións topouse co gardameta lugués e a terceira chocou contra o pau. No minuto 34, o tándem Chano-Antoñito tamén protagonizou unha gran xogada que acabou co esférico morto ao bordo da liña de meta.

O Burela FS Pescados Rubén estreará a competición o vindeiro sábado, 12 de setembro, en Vista Alegre, coa visita do Aspil Vidal Ribera Navarra (18.30 horas). A tempada botará a andar con total normalidade tras ser desconvocada a folga de xogadores hoxe, logo da reunión mantida entre a LNFS e a AJFS.

Ficha técnica

CD Burela FS Pescados Rubén: Álex, Iago Rodriguez, Chano, Antoñito, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Jorge, Chino, Iago Míguez, Renato, Edu, Aarón

Prone Lugo AD: Óscar Iglesias, Saúl Marrupe, Palermo, Diego Núñez, Nacho Pedraza, cinco inicial; tamén xogaron David Muñoz, Luis Longo, Iago Fariñas, Juan Rivero,

Goles: 1-0, minuto 10, Antoñito; 1-1,minuto 12, Nacho Pedraza; 2-1, minuto 14, Jorge Bellvert; 3-1, minuto 18, Antoñito

Árbitros: Menéndez Nistal, Javier // Montero Garrido, Jesús (Galicia)

Incidencias: Último partido de pretemporada do CD Burela FS Pescados Rubén disputado en Vista Alegre ante uns 400 espectadores

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.