12/09/2015

Supercampioas de España!!!!

O Burela FS Pescados Rubén de Iván Cao "Lucas" fíxose esta tarde co triunfo na XIII Supercopa de España de fútbol sala feminino, tras empatar a 4 goles co Atlético Féminas Navalcarnero e facer bo o factor goal average trala igualada a dúas
Supercampioas de España!!!!
CRÓNICA. ACFSF. GUSTAVO VOCES AT. FÉMINAS NAVALCARNERO (4): Estela; Desi, Leti, Ari e Ju Delgado (quinteto inicial). Tamén xogaron, Marta Pelegrín, Amelia, Rocío, Fabi, Peke e Desi. BURELA FS PESCADOS RUBÉN (4): Jozi; Peque, Gaby, Bea Mateos e Shiori (quinteto inicial). Tamén xogaron, Ceci, Maite e Claudia. Pavillón A Estación de Navalcarnero. Uns 500 espectadores. Colexiados, Francisco Javier Díaz Dovale e Anxo Gómez Fernández do colexio madrileño. Amoestaron con cartón amarelo a Estela, Peke e Leti no Atlético Féminas Navalcarnero e a Bea Mateos e Ceci no Burela. Estiveron presentes no palco, Antonio Escribano, presidente do CNFS da RFEF e José Venancio López, seleccionador nacional. GOLES 0-1, min. 6 Ceci (penalti) 0-2, min. 9 Bea Mateos 1-2, min. 10 Leti 1-3, min. 18 Gaby 2-3, min. 23 Ari 3-3, min. 27 Ari 4-3, min. 29 Ju Delgado 4-4, min. 37 Ronsel (propia porta) O encontro daba comezo cun Burela presionante que tiña un primeiro achegamento de perigo nunha falta na frontal que botaba sen consecuencias Ceci, tras amarela por mans de Estela fora do área. O Atlético co paso dos minutos conseguía desbaratarse da presión laranxa e trataba de sorprender con rápidas transicións ofensivas, pero sen consecuencias. Aos seis minutos de partido o Burela obtiña o seu premio ao maior empuxe cun penalti anotado por Ceci, tras erro no despexe da zaga roxiblanca que deixaba un balón solto no área. O Burela máis confiado proseguía obstaculizando a saída do balón local que non atopaba o seu sitio sobre a cancha e, ademais, vía como Bea Mateos anotaba ao segundo pau tras centro polo á contraria de Gaby. Segundos máis tarde nunha boa circulación ofensiva, Leti de potente disparo afastado recortaba distancias. O choque equilibrábase e no tramo final os achegamento sobre ambas área eran unha constante, así, Pelegrín e Ju Delgado avisaban para as locais e Peque facía o propio para as visitantes. Co Burela con cinco faltas, o Atlético víñase arriba e cun dobre penalti que Fabi estrelaba no pau acariñaba a igualada, pero unha contra lanzada por Jozi, Gaby finalizaba en gol o man a man ante Estela, para deixar ao descanso o 1 a 3. Na reanudación o Atlético optaba por presionar a saída do balón burelao e aos tres minutos nunha boa circulación de balón en tres cuartos, Ari culminaba dentro do área un pase de Ju Delgado para anotar o 2 a 3. O conxunto lucense sufría para intentar sacar o balón xogado desde atrás e salvo disparos afastados non conseguía inquietar a meta local. Nunha rápida contra polo á esquerda, a brasileira Ari conseguía facer o empate a tres. Pouco despois resolvendo un barullo no área Ju Delgado certificaba a remontada parcial das madrileñas, aínda que, a continuación Peque estrelaba un lanzamento no traveseiro madrileño. A escuadra mariñá intentaba equilibrar o duelo subindo a liña presión, ante un Atlético cómodo sobre a cancha. Xa no tramo final, na primeira xogada de cinco do Burela, Peque de disparo afastado que golpeaba no pau e na espalda de Estela facía o empate a catro tantos. Con todo perdido polo goal average (na ida empataron a dous) o Atlético optaba por utilizar o xogo de cinco con Ari como porteira xogadora pero xa non atoparía físgoas na zaga dun Burela que soubo aguantar o empuxe local. Declaracións Iván Cao Cale "Lucas" mostrábase eufórico ao término do partido "é unha gran alegría conseguir este triunfo e vén referendar a pretemporada incrible que realizou o equipo". En canto á Supercopa consideraba que "foi unha eliminatoria moi boa, hoxe tal vez na segunda parte afundímosnos un pouco físicamente e ademais estabamos medíndonos a todo un gran equipo". Finalmente apostillaba que a vitoria na Supercopa "sérvenos para reafirmarnos na aposta do equipo para esta tempada e para confiar no traballo realizado". Pola súa banda Andrés Sanz, adestrador do Atlético Féminas Navalcarnero manifestaba que a clave no partido estivo "na mala defensa que realizamos na primeira parte e a partir deso tivemos que reaccionar na segunda, que a dominamos e demos remontado o marcador pero tivemos un par de remates aos paus para levarnos o triunfo, pero ao final non puido ser. Este tipo de partidos márcano os pequenos detalles". Malia perder o título de Supercopa "o equipo mostrou un bo nivel e de feito non perdeu ningún dos dous partidos, antes ou despois tiñamos que perder algún título".

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.