17/09/2015

O CD BURELA FS MEDIRASE A VIETNAM EN FAVOR DE PIEL DE MARIPOSA (23 DE SETEMBRO)

O CD BURELA FS  MEDIRASE A VIETNAM EN FAVOR DE PIEL DE MARIPOSA (23 DE SETEMBRO)
O CD Burela FS Pescados Rubén recibirá a selección de Vietnam o mércores 23 de setembro para disputar un amigable benéfico a favor da Asociación DEBRA-Piel de Mariposa. Francisco Muñoz e Sofía Méndez representaron o colectivo no acto de presentación que acolleu a sede laranxa xunto ao presidente do club mariñan, Manuel Blanco, o seleccionador do combinado asiático, Bruno García, e o concelleiro de Deportes de Burela, Ramiro Fernández. Vista Alegre abrirá as súas portas para gozar da cita a partir das 20.30 horas, cuxa recadación será destinada á Asociación de Epidermólise Bullosa de España, con donativo de 2 euros como entrada. Aquelas persoas que non poidan asistir tamén poderán colaborar co colectivo facendo as súas achegas en: ASOC. EPIDERMÓLISE BULLOSA DE ESPAÑA IBAN: ES35 0081 0244 1100 0185 4991 BIC: BSAB ESBB info@debra.es Grazas a que DEBRA España é unha entidade declarada de utilidade pública, todas as colaboracións e donativos realizados son susceptibles de vantaxes fiscais.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.