22/09/2015

Burela FS e Vietnam, solidarios con Piel de Mariposa

Burela FS e Vietnam, solidarios con Piel de Mariposa

O CD Burela FS Pescados Rubén recibirá mañá a selección de Vietnam, dirixida polo galego Bruno García, para disputar un amigable benéfico a favor da Asociación DEBRA-Piel de Mariposa. Vista Alegre abrirá as súas portas para gozar da cita a partir das 20.30 horas, cuxa recadación será destinada á Asociación de Epidermólise Bullosa de España, con donativo de 2 euros como entrada.



Aquelas persoas que non poidan asistir tamén poderán colaborar co colectivo facendo as súas achegas en:




ASOC. EPIDERMÓLISE BULLOSA DE ESPAÑA
IBAN: ES35 0081 0244 1100 0185 4991
BIC: BSAB ESBB
info@debra.es



Grazas a que DEBRA España é unha entidade declarada de utilidade pública, todas as colaboracións e donativos realizados son susceptibles de vantaxes fiscais.



Xira do combinado asiático



O enfrontamento co equipo Daniel Ibañes será o terceiro da Selección de Vietnam na súa xira en Galicia que arrancou onte en Compostela, con vitoria do Santiago Futsal (4-2). Hoxe medirase ao Cidade de Narón e tras a súa visita á Mariña visitará as pistas do Valdesuso Peugeot Vilalba, o sábado, e do Prone Lugo, o vindeiro luns.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.