02/10/2015

Duelo de ambicións (domingo 4, 13.00 horas, en directo)

Duelo de ambicións (domingo 4, 13.00 horas, en directo)

Despois de pleno de puntos nas dúas primeiras xornadas arroupado polo ambiente de Vista Alegre, o CD Burela FS Pescados Rubén trasladarase á pista do sólido Ciudad de Alcorcón para disputar a terceira xornada de Primeira RFEF o domingo (13.00 horas). O partido poderá seguirse en directo en streaming. PINCHA AQUÍ



A escuadra mariñá visita a un Alcorcón que tamén está vivindo un bo comezo de liga, con triunfos fronte a Poio FS Pescamar (2-1) e Majadahonda (2-5). “É un dos firmes candidatos a estar pelexando polos postos de arriba, cun gran bloque, ademais de ser un dos equipos que mellor se reforzou” advertía Lucas do equipo da desequilibrante Anita Luján, que esta tempada incorporou ás internacionais Belén de Uña e Natalia, xunto á mariñá e ex-burelista Ro. “Non estamos nas nosas mellores condicións pero utilizaremos todo para regresar cos tres puntos” adiantaba Iván Cao, Lucas.



“Non foi unha boa semana de adestramentos; temos moitas xogadoras con problemas físicos” lamentaba o adestrador laranxa. Ata mañá pola mañá, despois da última sesión -en Burela-, o técnico laranxa non poderá dispoñer da convocatoria definitiva; a única baixa segura polo momento é Emma. A expedición partirá cara ao seu primeiro destino da tempada ás 14.00 horas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.