07/10/2015

Burela FS B 1-1 Santiago Futsal

Burela FS B 1-1 Santiago Futsal

O Burela FS Pescados Rubén B estreou a tempada con táboas no duelo de filiais en Vista Alegre, un marcador axustado, 1-1, que non se moveu ata a recta final do encontro.



As instalacións mariñás foron testemuñas dunha cita moi igualada. O cadro laranxa soubo reaccionar ao tanto dos composteláns no minuto 38, tan só  uns segundos despois, cun lanzamento de Aitor e apostando por xogo de cinco.



Próximo rival. O cadro de Juanma Marrube desprazarase á pista do Talleres ABC Vigo Olivo FS, rival que se estreou na categoría con empate ante o Peugeot Vilalba FS (2-2). A segunda xornada disputarase este sábado, ás 17.00 horas (As Travesas).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.