10/10/2015

O Burela perde por 6-2 ante un DLink Zaragoza máis efectivo

O Burela Pescados Rubén regresa de Zaragoza cunha derrota por 6-2 nun partido igualado con fases alternas no dominio do xogo pero a maior efectividad local condenou aos mariñanos a regresar sen carga de terras aragonesas.
O Burela perde por 6-2 ante un DLink Zaragoza máis efectivo
Na primeira parte a escuadra burelesa logrou anular a presión do DLink Zaragoza cunha boa circulación e xerou oportunidades para adiantarse no marcador. Iago Rodríguez, Chano e Isi gozaron de ocasións para referendar o mellor xogo laranxa pero un zarpazo de Caio Alves situou o 1-0 e tranquilizou ao seu equipo. O Burela Pescados Rubén acusou momentaneamente este golpe pero respondeu por mediación de Bellvert. O choque equilibrouse novamente pero o 2-0 logrado por Adri Ortego tras un roubo próximo ao área mariñá provocou os mellores momentos do Zaragoza. O Burela respondeu con Chino como porteiro xogador, minuto 16, e o seu atrevemento tivo premio co gol de Iago Rodríguez.

Co 2-1 chegouse ao descanso e na continuación ambas escuadras continuaron protagonizando un partido aberto e con alternativas pero nunha acción desafortunada para os burelaos chegou o 3-1. Unha falta lateral rebota na barreira laranxa e descoloca a Edu que non puido evitar o tanto. O terceiro gol dos maños propiciou certa ansiedade no xogo laranxa que non lograba atopar o camiño do primeiro periodo. A oito para o final os mariñaos volveron xogar de cinco aínda que sen demasiado acerto na finalización. Retamar si que afinou a puntería para marcar o 4-1 e acto seguido, minuto 38 produciuse un intercambio de golpes, Nano Modrego situou o 5-1 mentres que Iago Rodríguez marcou o 5-2. No último suspiro Caio Alves materializou o 6-2 final.

Ficha técnica

DLink Zaragoza: Bernad, Retamar, Víctor Tejel, José Carlos, Nano Modrego –cinco inicial- Adri Ortego, Óscar, Richi Felipe, Caio Alves, Jorge Santos, Víctor López.

CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Isi, Chino, Iago Rodríguez, Chano –cinco inicial- Bellvert, Hélder, Iago Míguez, Antoñito.

Goles: 1-0, m.7, Caio Alves; 2-0, m.14, Adri Ortego; 2-1, m.17, Iago Rodríguez; 3-1, m.26, Adri Ortego; 4-1, m.37, Retamar; 5-1, m.38, Nano Modrego; 5-2, m.38, Iago Rodríguez; 6-2, m.40, Caio Alves.

Árbitros: Bernabéu Haro, Rabadán Sáinz. Colexio valenciano.

Incidencias: Partido correspondente á quinta xornada da Primera División da LNFS. Disputado no pavillón Siglo XXI de Zaragoza.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.