13/10/2015

O Burela FS despídese da Copa do Rei con 3-2 en Tudela

O Burela FS despídese da Copa do Rei con 3-2 en Tudela
O CD Burela FS Pescados Rubén despediuse esta noite da Copa do Rei, en oitavos, fronte ao Aspil Vidal Ribera Navarra por un axustado 3-2, con sprint goleador laranxa. Os pupilos de Daniel Ibañes apostaron polo xogo de cinco nos dez últimos minutos para remontar o 3-0, con dianas de Chino (minuto 34) e Iago Rodríguez (37), sen tempo para máis. “Estivemos sempre no partido, con opcións, pero faltounos concentración en defensa. Esa intensidade defensiva que soubemos despregar nos primeiros partidos de liga non a tivemos hoxe” aseguraba o técnico burelista ao finalizar o encontro.

Ribera e Burela viviron un primeiro tempo moi equilibrado , con gol de Hamza no minuto 15, aproveitando un erro dos galegos. “A primeira parte estivo moi igualada, coas mesmas opcións, aínda que un fallo noso de control deulle a oportunidade de adiantarse ao rival. Aínda así, con 1-0 tamén dispuxemos de ocasións” explicaba Daniel.

Tras o descanso, os mariñáns tiveron que pelexar contra a fenda do 3-0 xa no minuto 23, con contra de Pedro e despois Andresito. Rozando o ecuador da segunda parte, Iago Rodríguez enfundou a camiseta de porteiro-xogador para recuperar o marcador, gañando confianza no xogo de cinco; recortou Chino no 34 e despois o propio Iago no 37. Segundos despois o gol do empate estivo nunha contra de Antoñito que se marchou desviado. Aínda dispuxeron de balóns de Copa Chano, Iago Rodríguez e Iago Míguez, aínda que a fortuna goleadora esta vez deulles as costas aos de Burela.

.Jumilla. A escuadra mariñá volve afanarse cento por cento na liga. Vista Alegre acollerá o próximo compromiso, o sábado, ás 18.30 horas, coa visita do Jumilla B. Carchelo, 14º clasificado, con 3 puntos.

Resutlados de oitavos:

Real Betis FSN - Movistar Inter (mércores 14)

Mosteiro Bembrive 3-7 Catgas E. Santa Coloma

Silver Novanca 3-4 Peñíscola RehabMedic

FS Valdepeñas 0-2 Palma Futsal

P. Romeu Cartagena 0-6 ElPozo Murcia

FC Barcelona Lassa 4-1 Magna Gurpea

Jaén P. Interior 3-2 D-Link Zaragoza

Aspil Vidal Ribeira Navarra 3-2 Burela Pescados Rubén

Ficha técnica

Aspil Vidal Ribera Navarra: Zardoya, David, Rubi, Andresito, Pedro, cinco inicial; tamén xogaron Luisma, Pazos, Joselito, Hamza, Roger, Javivi

CD Burela FS Pescados Rubén: Álex, Iago Rodríguez, Chano, Chino, Hélder, cinco inical; tamén xogaron Antoñito, Jorge, Iago Míguez, Renato, Isi,

Goles: 1-0, minuto 15, Hamza; 2-0, minuto 22, Pedro; 3-0, minuto 23, Andresito; 3-1, minuto 34, Chino; 3-2, minuto 37, Iago Rodríguez

Tarxetas amarelas: Por Ribera a Luisma (minuto 32). Por Burela FS a Antoñito (minuto 15), Renato (minuto 27), Chano (minuto 31)

Partido de oitavos de Copa do Rei disputado en Tudela

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.