17/10/2015

Pleno ao quince en Majadahonda

Pleno ao quince en Majadahonda
O Burela FS Pescados Rubén cumpriu en Majadahonda con outros tres puntos e xa van 15, con pleno, en cinco xornadas de cinco. As pupilas de Iván Cao, Lucas, levaron a batuta en dominio, posesión e ocasións ante un rival á espera de poder ferir en contragolpe.

A pesar do perigo xerado sobre a área madrileña, as mariñás tiveron que conformarse cunha escasa renda ao descanso, tras o 0-1 materializado por Gaby no minuto 14 plantándose soa ante a portería local, tras roubo de balón.

Ao regreso dos vestiarios, o Majadahonda igualou no minuto 23, con Celia, tras saque de esquina. Con todo, o Burela FS Pescados Rubén non estaba disposto a ceder máis terreo e traballou para afinar puntería. No minuto 29, Ceci asinou o 1-2, de dobre penalti. Para ampliar a vantaxe, a escuadra laranxa tivo que armarse de paciencia ata o último cuarto do segundo período, con reaparición de Gaby (minuto 35) desde un córner e finalmente con Peque (minuto 38), tras roubo cando xa apostaba o Majadahonda por porteira xogadora.

Ficha técnica

Majadahonda FSF Afar4: Lauri; Martita, Marta Mateo, Marta Rodríguez e Gaby (quinteto inicial). Tamén xogaron Mónica, Celia e Arantxa.

CD Burela FS Pescados Rubén: Jozi; Peque, Gaby, Bea Mateos e Shiori (quinteto inicial). Tamén xogaron Claudia, Maite, Ceci, Lara Andrea

Goles: 0-1, minuto 14, Gaby; 1-1, minuto 23, Celia; 1-2, minuto 29, Ceci; 1-3, minuto 35, Gaby; 1-4, minuto 38, Peque

Árbitros: Fernando Núñez // Mario Salinas (Madrid). Amarela a Marta Mateo, Gaby e Marta Rodríguez no Majadahonda e a Peque, Eva e Lucas no Burela FS Pescados Rubén

Incidencias: Partido correspondente á quinta xornada de Primeira División RFEF, disputado en La Granadilla.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.