Actualidade
Fútbol Sala para Tod@s
O CD Burela FS Pescados Rubén exerceu de embaixador do fútbol sala esta semana xunto á Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña, a Fundación Eu Son e a Asociación Camiña. Os xogadores de Primeira División Jorge Bellvert, Eva, Carlitos e Bea Mateos, ademais do fisioterapeuta Dani Tomé, visitaron os adestramentos dos tres colectivos para achegarlles a realidade do deporte laranxa e compartir cos seus usuarios unhas entretidas sesións prácticas movendo o esférico.
Encadrado no proxecto Deporte sen Barreiras, o club mariñán mantén unha nutrida colaboración dende hai tempadas cos tres colectivos participando en xornadas deportivas conxuntas, promovendo a práctica deportiva en igualdade, e realizando visitas aos centros. No seu encontró cos representantes burelistas, os usuarios de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña, Eu Son e Camiña tamén recibiron os seus abonos para asistir de forma totalmente gratuíta ás citas do Pescados Rubén en Vista Alegre 2015-16.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas