07/11/2015

O Universidade de Alacante corta a serie triunfal o Burela Pescados Rubén

O Universidade de Alacante corta a serie triunfal o Burela Pescados Rubén
O Universidade de Alacante trunca a serie vitoriosa do Burela Pescados Rubén que perdeu por 3-0 nun duelo intenso no que as burelesas perdoaron en exceso. Desde o pitido inicial ambas escuadras mostraron as súas credenciais e ningún dos equipos lograba dominar ao seu rival aínda que o Burela xeraba maior perigo ofensivo. A escasa puntería das burelás impediu que o marcador se movese e o Alacante apertou no tramo final no que gozou de dúas oportunidades para irse ao descanso con vantaxe. Jozi e o pau evitaron o tanto local e co marcador inicial chegouse ao intermedio. Na segunda parte mantívose o guión de partido pero o Universidade de Alacante tomou a iniciativa no marcador co gol de Pao, minuto 26. A pesar do 1-0 o Burela Pescados Rubén continuou levando o peso do partido e creaba maior sensación de perigo aínda que mentres que as galegas amagaban o Alacante golpeaba marcando o 2-0 por mediación de Sareta, minuto 34. O Burela optou polo xogo de cinco aínda que sen demasiado acerto e as alicantinas redondearon a súa vitoria co 3-0 final de Pao. Ficha técnica UA Alacante: Jennifer; Anita, Sara, Lara e Txitxo (quinteto inicial). Tamén xogaron, Mónica, Melli, Pao, Rocío e Elena. CD Burela FS Pescados Rubén: Jozi; Peque, Gaby, Bea Mateos e Shiori (quinteto inicial). Tamén xogaron Claudia, Lara, Ceci e Maite. Goles: 1-0, m.26, Paola; 2-0, m.34, Sareta; 3-0, m.39, Pao. Árbitros: Salas Tarí e Juan Martínez. Colexio valenciano. Amonestaron con cartón amarelo a Melli do UA Alacante. Incidencias: Partido correspondente á oitava xornada de Primeira División RFEF, disputado no pavillón universitario de Alacante.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.