12/11/2015

Primeiro envite de Copa superado: 1-6 ante o Leis

Primeiro envite de Copa superado: 1-6 ante o Leis

O Burela FS Pescados Rubén superou onte o primeiro envite de Copa Galicia con 1-6 na visita á pista do Leis Marcón, de Segunda División. Aos tantos por partida dobre de Gaby e Maite e a diana de Ceci, sumouse a novísima Judith, estreando a súa conta goleadora coa elástica laranxa.



O cadro de Iván Cao, Lucas, puido liquidar a contenda distanciándose no marcador axiña ante un rival con pouco perigo sobre as filas mariñás. Ceci abriu a lata xa no minuto 3, aproveitando un rexeite do pau á tentativa de Claudia. Acto seguido, Gaby recibía dentro da área tras roubo de Maite para subir o 0-2. As locais reduciron distancias no 8, nas zapatillas de Ana, pero Maite volveu afastar as burelistas no 14.



Tras o descanso, Gaby anotou o 1-4 en xogada individual desde a banda (minuto 23). Bea, nos minutos 27 e 28, asistiu a Maite e Judith para o definitivo 1-6.



O equipo de Lucas retomará os adestramentos o vindeiro luns.



Próximos rivais. O conxunto mariñán aínda terá que medirse en fase de grupos ao Poio Pescamar FS, de Primeira, e Olivo FS, de Autonómica, con datas pendentes de confirmación. Estes dous rivais xa se viron as caras, con 15-1 a favor do primeiro.



Ficha técnica



Leis Marcón: Tamara, Paloma, Carla, Mar, Lara, cinco inicial; tamén xogaron Beatriz, Jessica, Tania, Ana, Patricia, Alicia, Iria



Burela FS Pescados Rubén: Andrea, Claudia, Gaby, Ceci, Maite, cinco inicial; tamén xogaron Lara, Bea Mateos, Judith



Goles: 0-1, minuto 3, Ceci; 0-2, minuto 4, Gaby; 1-2, minuto 8, Ana; 1-3, minuto 14, Maite; 1-4, minuto 23, Gaby; 1-5, minuto 27, Maite; 1-6, minuto 28, Judith



Árbitros: González Lubián // Castro Nantes (Pontevedra)

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.