13/11/2015

Espectáculo galego en Vista Alegre con TVG2 en directo (sábado 14, 18.00 horas)

Espectáculo galego en Vista Alegre con TVG2 en directo (sábado 14, 18.00 horas)

Vista Alegre xa ten todo a punto para acoller mañá o grande espectáculo galego de elite, na 10ª xornada de Primeira LNFS. O derbi irmandiño entre CD Burela FS Pescados Rubén e Santiago Futsal arrincará ás 18.00 horas, media hora antes do habitual, ante as cámaras de TVG2.



Tras a vitoria en Peñíscola (4-7), o Burela FS mantén a novena praza (12 puntos) na busca de seguir rubindo posicións. Recibirá un rival co aliciente de derbi, que ocupa a 13ª posición (6 puntos) e aínda non coñece o triunfo a domicilio; estreouse en Compostela ante Antequera na sétima xornada (4-1), antes conseguiu manter as táboas fronte a ElPozo Murcia (2-2, na 5ª), Magna Gurpea Navarra (4-4, na 2ª) e na pista do Peñíscola (4-4, na 1ª).



“Será un partido moi difícil. O Santiago é moi forte en defensa, con xogadores con descaro arriba. Debemos igualar a súa intensidade defensiva para estar no partido en todo momento”, adiantaba Daniel Ibañes, dirixindo un equipo disposto a romper as estatísticas: “O Burela FS nunca gañou a Santiago na casa, pelexaremos para que isto cambie e seguir traballando con ganas para estar entre os oito primeiros” puntualizaba o técnico.




Daniel Ibañes recuperará a Isi, ausente nos dous últimos partidos por unha luxación de ombreiro; logo de oito meses tamén regresará á convocatoria Matamoros. Non estará Hélder, que continúa con molestias da súa escordadura de nocello ante Jaén. David Palmas e Pablo Tallón volverán ser ausencia nas filas compostelás, por lesión; o resto do vestiario estará á disposición de Santi Valladares.



Convocatoria CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 10. Matamoros, 11. Chano, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Jorge Bellvert, 20. Chino, 23. Antoñito, 27. Renato



 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.