17/11/2015

O Burela FS e o Concello de Cervo, xuntos polo deporte e a xuventude

O Burela FS e o Concello de Cervo, xuntos polo deporte e a xuventude
O Club Deportivo Burela Fútbol Sala Pescados Rubén vén de renovar a súa colaboración co Concello de Cervo,  co fin de manter o traballo realizado nos últimos anos na potenciación da práctica de deporte entre os mozos e mozas do municipio. O presidente da entidade laranxa, Manuel Blanco, foi recibido no consistorio cervense polo de Deportes, José Ramón Soto, onte pola tarde para a formalización da continuidade de proxectos conxuntos.
Neste marco de actuación, o alumnado e profesorado da escola de Cervo poderán gozar de xornadas de convivencia e amigables cos membros do CD Burela FS, ademais de recibir pases especiais para presenciar os encontros laranxas e acceder a descontos nas actividades programadas dende o club. Pola súa banda, o Concello cederá as instalacións municipais para a práctica deportiva previa solicitude do club.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.