20/11/2015

Arrinca o Tourmalet laranxa, co líder interista (sábado 21, 13.00 horas, Teledeporte)

Arrinca o Tourmalet laranxa, co líder interista (sábado 21, 13.00 horas, Teledeporte)

Co líder de Primeira LNFS, Movistar Inter, pletórico pola recente clasificación para a Final Four da UEFA Futsal Cup, arrinca mañá o Burela FS Pescados Rubén o seu tourmalet, ante as cámaras de Teledeporte (13.00 horas). Os interistas abren a apertada e intensa axenda das próximas semanas; en quince días, os de Daniel Ibañes terán que facer fronte a tres compromisos máis, cos outros dous grandes tamén no calendario. Tras recibir o martes o Levante (Vista Alegre, 20.30 horas), o venres 27 viaxarán á pista de ElPozo Murcia (21.00 horas) e o sábado 5 de decembro recalará FC Barcelona na Mariña (16.15 horas, TVG2 e Esport3).



A escuadra burelista parte este mediodía cara ao Jorge Garbajosa de Torrejón de Ardoz, na novena praza, con 15 puntos, empatado co oitavo, DLink Zaragoza. “Imos con tranquilidade porque temos moi pouco que perder e moito que gañar. É un equipo que non se pode comparar co noso, é un dos grandes e o que mellor esta xogando nestes momentos” cualificaba así Daniel Ibañes ao seu antigo equipo co que se converteu sobre a pista nunha das grandes lendas do fútbol sala español. “Espero que sexa un partido igualado e que nós poidamos chegar ata o final con posibilidades, metidos no encontro durante os corenta minutos” destacaba así o técnico laranxa a clave para regresar a terras galegas con algo positivo.



A única ausencia nas filas laranxas será Hélder, que non viaxará a Torrejón por unha contusión ósea sufrida durante a preparación da semana.



Convocatoria CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 10. Matamoros, 11. Chano, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Jorge Bellvert, 20. Chino, 23. Antoñito, 27. Renato

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.