17/12/2015

Despedida de 2015 con vitoria

Despedida de 2015 con vitoria

O Burela FS Pescados Rubén B despediu o ano o sábado pasado coa segunda vitoria da tempada, na pista do Peugeot Vilalba FS (4-5), que lle outorga a novena praza (7 puntos).



“Tivemos o dominio do partido, sobre todo na primeira parte, con posesión de balón, aínda que  nos faltou pisar zona de finalización” lembraba o técnico laranxa, Juanma Marrube, dun encontro no que os laranxas sempre levaron a batuta no marcador, con 0-1 ao descanso. “Con 0-3, entramos en certa desorde, que aproveitou o Vilalba para recortar, pero aínda así soubemos volver poñer distancia para facer nosos os tres puntos”, explicaba o adestrador, moi satisfeito cos seus xogadores e concentrado no traballo do equipo para seguir medrando.



“Espero que a primeira vitoria na casa chegue axiña. Oxalá sexa xa no próximo compromiso para pechar a primeira volta”, recoñecía así Juanma o seu desexo para o ano novo.



5Coruña FS, aprazado ata 2016



Os pupilos de Juanma volverán á competición o 9 de xaneiro (Vista Alegre, 16.00 horas) pechando a primeira volta, coa 11ª xornada, prevista en calendario para este sábado.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.