17/12/2015

Unha fazaña posible

Unha fazaña posible

O CD Burela FS Pescados Rubén pechará mañá a primeira volta cunha fazaña posible, con corenta minutos por diante para loitar por un gran premio. Desde a novena praza (18 puntos), o conxunto mariñán pelexará mañá por unha praza para a Copa de España Guadalaxara 2016 na pista do UMA Antequera, a partir das 21.00 horas (Fernando Argüelles, horario unificado). A Mariña poderá seguir en directo o encontro por streaming con LNFS Directo. PREME AQUÍ



Estamos a un paso e todo é posible. Un gran galardón para os obxectivos burelistas. Xa o conseguimos unha vez, escribindo con letras de ouro na nosa historia un prestixioso debut na cita copeira en Cidade Real 2015. Esta pode ser a segunda.



O Burela FS Pescados Rubén tirará de ilusión e garra para cumprir cos seus deberes; facer seus os tres puntos na pista de UMA Antequera, penúltimo clasificado (6 puntos) e que ata agora non coñece a vitoria na casa. Aínda que non só depende do Pescados Rubén; despois haberá que esperar ao que ocorra co actual oitavo clasificado, DLink Zaragoza, que visitará o impoñente ElPozo Murcia con 1 só punto de vantaxe sobre os laranxas.



Último adestramento. Despois da esgotadora viaxe desta noite, os de Daniel Ibañes terán hoxe día de descanso; o equipo mariñán realizará o último adestramento antes da gran cita mañá pola mañá.



Convocatoria CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Jorge Bellvert, 20. Chino, 23. Antoñito, 30. Hélder



 



Desde A Mariña, chegaravos o alento da Marea Laranxa. ¡Moita sorte!

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.