19/12/2015

O Burela Pescados Rubén volve á Copa de España logo dunha remontada histórica en Antequera

E como é posible que...o equipo dun pequeno pobo volva coarse na Copa de España...E como é posible que...o equipo dunha pequena comarca situada no noroeste peninsular volva disputar a Copa de España...E como é posible que... a falta de cinc
O Burela Pescados Rubén volve á Copa de España logo dunha remontada histórica en Antequera
O duelo en Antequera comezou con bos síntomas para o Burela Pescados Rubén que marcou o 0-1 por mediación de Chano nada máis empezar tras unha gran xogada colectiva. Con todo a reacción andaluza non se fixo esperar e cos goles e Miguel e Cecilio situáronse cun 2-1 que desconcertou aos mariñaos durante uns minutos. Tras encaixar o golpe, os burelaos atacaron e acosaron a meta local pero sen fortuna no remate. Chano culminou o carrusel de ocasións laranxas cun disparo ao pau e a continuación dobrepenalti a favor do Antequera que Tete non desaproveita anotando o 3-1 co que se chegou ao descanso. Na reanudación, tras varios intercambios de golpes e un ritmo vertixinoso supérase o ecuador do periodo final sen incidencias no marcador. E tras uns momentos de calma, o Burela Pescados Rubén axustou o seu motor para navegar en busca do soño copeiro. Os de Daniel Ibañes apoderáronse da iniciativa e cercaron a meta andaluza que resistía malia todo. Ante a resistencia local, Chino enfundouse a camiseta de porteiro xogador e os burelaos ofreceron un recital de seguridade e determinación. Minuto 35 e Chano reactiva o partido e as ilusións galegas co 2-3 que ten continuación co empate logrado por Chino (3-3) no minuto 38. Un gol separaba aos mariñaos de Guadalajara...e ese gol chegou no último minuto coa firma do lucense Iago Rodríguez que significou o 3-4 definitivo a pesar do arreón final do Antequera e que pasará á breve e intensa historia do Burela Pescados Rubén. Ficha técnica UMA Antequera: Alberto, Tete, Cecilio, Dá Silva, Miguel ?cinco inicial- Óscaro, Crispi, Armando, Lucio, Atienza, Fali. CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Iago Míguez, Antoñito, Chano, Isi -cinco inicial - Iago Rodríguez, Chino, Bellvert, Hélder, Álex. Goles: 1-0, m.1, Chano; 1-1, m.3, Miguel; 2-1, m.4, Cecilio; 3-1, m.19, Tete (DP); 3-2, m.35, Chano; 3-3, m.38, Chino; 3-4, m.40, Iago Rodríguez. Árbitros: González Ruano, Rabadán Sáinz. Tarxeta amarela a Chano (m.6), Iago Míguez (m.9), Isi (m.18), Iago Rodríguez (m.19), Antoñito (m.33) do Burela Pescados Rubén. Crispi (m.25), Cecilio (m.33) Tete (m.30) do UMA Antequera. Incidencias: Partido correspondente á 15ª xornada da Primeira División da LNFS disputado no pabellón Fernando Argüelles de Antequera. 1.000 espectadores.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.