22/12/2015

Ribera Navarra 4-2 Burela FS Pescados Rubén

Ribera Navarra 4-2 Burela FS Pescados Rubén
O Burela FS Pescados Rubén non puido despedir 2015 sobre a pista con vitoria. Os pupilos de Daniel Ibañes, que viaxaron a Tudela con grandes ausencias, notaron en exceso o cansazo fronte ao Aspil Vidal Ribeira Navarra (4-2); con xogo de cinco puideron reducir ata 3-2, aínda que non tiveron tempo para máis.

Malia que o cadro mariñán comezou moi ben, co rápido tanto de Chino, xa no minuto 2, os laranxas non se mostraron sólidos en defensa e o Aspil aproveitou. Antes de chegar ao ecuador da primeira parte, anotaron David Pazos e Lucho (minutos 8 e 9), e no 16, ampliou distancias Pedro.

Con 3-1, ambas as escuadras volveron á palestra. Rearmáronse na faceta defensiva os de Daniel para manterse no partido. No último cuarto o Burela FS Pescados Rubén optou por porteiro-xogador, xa con cinco faltas. A falta de 30 segundos, puido reducir con 3-2 cun disparo de Iago Rodríguez, que tocou en Luisma en útimo termo, pero os locais puideron volver poñer terra por medio sobre a bocina, con Rubi.

Vista Alegre recibe o 2016

A liga de Primeira LNFS volverá para os mariñáns o domingo 3 de xaneiro en Vista Alegre (18.00 horas), coa visita do Palma Futsal na 17ª xornada.

Ficha técnica

Aspil Vidal Ribera Navarra: Molina, David, Roger, Andresito, Joselito, cinco inicial; tamén xogaron Hamza, Luisma, Rubi, Loito, Pedro, David Pazos

CD Burela FS Pescados Rubén: Álex, Iago Míguez, Bellvert, Iago Rodríguez, Chino, cinco inicial; tamén xogaron Carlitos, Antoñito, Hélder, Rubén

Goles: 0-1, minuto 2, Chino; 1-1, minuto 8, David Pazos; 2-1, minuto 9, Loito; 3-1, minuto 16, Pedro; 3-2, minuto 40, Iago Rodríguez (Luisma p.p.), 4-2, minuto 40, Rubi

Árbitros: Redondo Arenales // Viedma Martín. Por Ribera amarela a Roger e Andresito. Por Burela FS amarela a Iago Míguez e Antoñito

Incidencias: Partido correspondente á 16ª xornada da Primeira División da LNFS disputado no pavillón Ciudad de Tudela.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.