15/01/2016

O Burela perde o ritmo e cae na pista do Elche CF por 3-2

O Burela perde o ritmo e cae na pista do Elche CF por 3-2
O Burela Pescados Rubén deixou escapar unha boa oportunidade para manterse na loita polo acceso ao Play Off trala súa derrota por 3-2 na pista do Elche CF V. Alberola. O conxunto mariñao comezou con boas sensacións un partido ante un Elche que aproveitou o agasallo laranxa para situarse por diante (1-0) cun gol de Carlos Anós, minuto 2. Co 1-0 os ilicitanos crecéronse e os bureleses acusaron en exceso o contratempo. Malia iso, Hélder conseguiu igualar a contenda (1-1) aos oito minutos pero os locais foron máis intensos e agresivos que os visitantes. Ao filo do descanso, Kiwi nunha boa acción individual marcou o 2-1 co que se chegou ao descanso. Na continuación os bureleses non lograron reaccionar e o Elche foi aumentando en confianza e en méritos para facerse acreedor do triunfo. Un par de chispazos laranxas tiveron como resposta os reflexos de Javi para evitar o empate. No minuto 32, Raúl Manjón realizou unha boa xogada para asistir a Óscar Ruiz que marcou o 3-1 que obrigou ao Burela a apostar polo xogo de cinco para intentar cambiar o rumbo dun encontro de cor local. Tras varias oportunidades chegou o 3-2 marcado por Iago Rodríguez aínda que a reacción foi tardía e o Elche sumou tres puntos merecidos ante un gris Burela Pescados Rubén. Ficha técnica Elche C.F. V. Alberola: Javi, Raúl Manjón, Juanjo, Carlos Anós, Kiwi -cinco inicial- Jesús García, Pitu, Óscar Ruiz. CD Burela FS Pescados Rubén: Álex, Jorge Bellvert, Iago Míguez, Carlitos, Antoñito -cinco inicial- Chano, Chino, Isi, Hélder, Iago Rodríguez. . Goles: 1-0, m.2, Carlos Anós; 1-1, m.8, Hélder; 2-1, m.19, Kiwi; 3-1, m.32, Óscar Ruiz; 3-2, m.39, Iago Rodríguez. Árbitros: Martínez Segovia, Munez Carpintero. Cartón amarelo a Iago Rodríguez e Isi do Burela Pescados Rubén.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.