23/01/2016

Un Burela Pescados Rubén descoñecido logrou unha sufrida vitoria ante un aguerrido Rioxa FSF

O Burela Pescados Rubén pechou a primeira volta da Primeira División cunha vitoria sufrida por 3-2 ante un Rioxa FSF que a piques estivo de dar a sorpresa en Vista Alegre. O conxunto dirixido por Iván Cao “Lucas” remontou un 1-2 a escasos m
Un Burela Pescados Rubén descoñecido logrou unha sufrida vitoria ante un aguerrido Rioxa FSF
O encontro en Vista Alegre comezou coas consignas ben marcadas, as rioxanas defendendo en media pista e buscando o contragolpe e co Burela Pescados Rubén levando a iniciativa. O ritmo do partido era lento e a circulación laranxa non era a precisa para abrir o candado plantexado polas rioxana. A mellor ocasión local chegou traspasado o ecuador nun disparo afastado de Peque. Pouco despois o Rioxa executou un contragolpe perfecto para adiantarse (0-1) por mediación de Carmen. O choque animouse e tras unha boa ocasión de Bea Mateos, Dany marcou o empate (1-1). A brasileira aproveitou un pase de Peque para definir con claridade e celebrar o seu debut con gol, o seu aceno de identidade. Sen tempo para o respiro chegou a sorprendente reacción visitante que se adiantou de novo no marcador (1-2) cun gol de Patri a pase de Lucía. Con este resultado chegouse ao descanso. Na reanudación acentuouse o dominio laranxa e o Rioxa baixou a súa defensa a 12 metros para protexer o seu marcador favorable. O Burela non atopaba o seu ton habitual e era demasiado lento e impreciso na circulación, sendo previsible para a defensa rioxana. Dúas accións illadas de Gaby e Peque acabaron na madeira visitante e no tramo final o Burela Pescados Rubén apostou polo xogo de cinco que resultou determinante para lograr a remontada e os tres puntos. Primeiro Ceci logrou o empate e acto seguido Claudia certificou a remontada co 3-2 a pesar do último intento das avezadas xogadoras visitantes que deixaron unha gran imaxe en Vista Alegre. Ficha técnica CD Burela FS Pescados Rubén: Andrea, Peque, Gaby, Ceci, Bea Mateos -cinco inicial- Claudia, Dany, Lara. Rioja FSF: Marta, Lucía, Rosita, Carmen, Gloria -cinco inicial- María Carro, Patri, Martita. Goles: 0-1, m.14, Carmen; 1-1, m.17, Dany; 1-2, m.17, Patri; 2-2, m.36, Ceci; 3-2, m.36, Claudia. Árbitros: Goyos López, Amor Vizoso. Colexio galego. Cartón amarelo a Bea Mateos e Gaby do Burela Pescados Rubén. No Rioxa FSF cartón amarelo a Gloria. Incidencias: Partido correspondente á 15ª xornada de Primeira División RFEF, disputado no pavillón Vista Alegre de Burela, 500 espectadores. As xogadoras burelesas saltaron á pista cunha camiseta de ánimo para a súa compañeira Emma, lesionada de gravidade.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.