30/01/2016

Tres puntos en Elxe (0-3)

Tres puntos en Elxe (0-3)
O CD Burela FS Pescados Rubén recuperou a súa filosofía de xogo en Elxe e levou os tres puntos deixando a portería laranxa imbatida. As pupilas de Lucas dominaron a cita; sentenciaron a súa superioridade sobre a pista con tres dianas, con firma de Maite, Gaby e Peque; o desacerto no último pase evitou que a renda fose maior.

As laranxas viviron un partido plácido no Esperanza Lag levando o peso e o compás en todo momento ante un equipo local á expectativa en media pista, que non conseguiu perigo para as galegas; tan só intentaron sorprender, aínda que sen éxito, con disparos exteriores. No minuto 7, a capitá mariñá dáballes vantaxe ás visitantes, cun pase de Gaby ao segundo paso. Superada a medianía da primeira parte, foi a brasileira quen subiu o 2-0, ao culminar de tacón unha volea de Ceci desde saque de esquina. Tras o descanso, aínda que o Pescados Rubén dispuxo de numerosas chegadas sobre a portería de Sonia, tan só puido ampliar distancias con 0-3, no minuto 24, nas zapatillas de Peque, asistida por Maite desde pase longo de Jozi.

Ficha técnica

Elche Oh! My Sandals: Sonia Bernal, Miriam, Mayte, Ángela, Andrea, cinco inicial; tamén xogaron E. Lauri, Susana, A. Pegue, Idoya, Nuria

CD Burela FS Pescados Rubén: Andrea, Dany, Peque, Bea Mateos, Maite, cinco inicial; tamén xogaron Gaby, Claudia, Ceci, Lara, Jozi

Goles: 0-1, minuto 7, Maite; 0-2, minuto 11, Gaby; 0-3, minuto 24, Peque

Tarxetas: Por Elche, amarela a Andrea (minuto 10) e E. Lauri (minuto 19)

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.