13/02/2016

Gran vitoria do Burela Pescados Rubén para descolgar ao Alcorcón da carreira pola Liga

O Burela Pescados Rubén derrota ao AD Alcorcón por 4-2 nun partido que as mariñás amosaron un gran nivel desde o inicio. O conxunto burelao mereceu pechar o partido con maior antelación vista a superioridade laranxa durante a maior parte do
Gran vitoria do Burela Pescados Rubén para descolgar ao Alcorcón da carreira pola Liga
O equipo dirixido por Lucas comezou o duelo como un vendaval e aos dous minutos xa vencía por 2-0 con goles de Gaby e Dany. O Alcorcón non era capaz de conter o despregue laranxa que ata puido marcar o terceiro en varias oportunidades con protagonismo das brasileiras Gaby e Dany. Superado o ecuador, as burelesas déronse un respiro tras unha primeira fase eléctrica e o Alcorcón respirou aliviado. O duelo entrou nunha fase equilibrada aínda que as visitantes apenas inquietaron a meta local cun par de disparos. Ao descanso chegouse co 2-0 e na continuación cambiaron os papeis. O Alcorcón saíu máis enchufado e Desirée aproveitou unha indeción laranxa para recortar distancias (2-1) no primeiro minuto do segundo acto. O tanto desconcertou ás mariñás que sufriron o acoso amarelo durante uns instantes. Esta breve fase de dominio visitante a punto estivo de custar o empate ao Burela Pescados Rubén pero a reacción burelesa non tardou en chegar. Peque avisou cun disparo ao pau e no minuto 25 marcou o 3-1 nunha gran acción individual, tras driblar ao seu par fusilou a Belén que non tivo opción. O tanto tranquilizou ás burelistas que volveron gobernar o partido con autoridade ante un Alcorcón minimizado polo bo xogo burelés, só faltou rendibilizar o seu dominio para aumentar a renda. Nun despiste Desiree pescou un balón para situar o 3-2, minuto 34, e meter de novo ao seu equipo nun partido de cor laranxa. Na fase final, Dany probou a Belén que respondeu con eficacia e o Alcorcón apostou polo xogo de cinco que resultou infrutuoso ante a boa defensa burelista. O Burela Pescados Rubén aproveitou un roubo en media pista para sentenciar o partido. Entre Peque, Dany e Bea Mateos fabricaron o 4-2 cunha acción combinativa que Peque finalizou a porta baleira. Co 4-2 finalizou un partido que supón tres importantes puntos na carreira pola Liga da que o Alcorcón queda descolgado. Ficha técnica CD Burela FS Pescados Rubén: Andrea, Bea Mateos, Dany, Peque, Gaby -cinco inicial- Claudia, Ceci, Maite, Lara. AD Alcorcón FSF: Belén, Isa García, Rosana, Anita Luján, Natalia -cinco inicial- Pitu, Desirée, Vadillos, Aída, Orive. Goles: 1-0, m.1, Gaby; 2-0, m.2, Dany; 2-1, Desirée, m.21; 3-1, m.25, Peque; 3-2, m.34, Desiree; 4-2, m.38, Peque. Árbitros: Cardero Rodríguez, García Rodríguez. Ourense. Cartón amarelo a Bea Mateos do Burela Pescados Rubén e a Natalia do Alcorcón. Incidencias: Partido correspondente á 18ª xornada de Primeira División RFEF, disputado no pavillón Vista Alegre de Burela, 450 espectadores.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.