Cidade de Narón, obstáculo cara á final da Copa Irmandiña
O Burela FS Pescados Rubén visitará mañá a pista do Cidade de Narón, de Segunda, nas semifinais da Copa Galicia (municipal da Gándara, 21.15 horas). Os da Mariña colocáronse a un paso da final tras impoñerse ao Bembrive FS o pasado 9 de febreiro, por 3-5 con dianas de Antoñito, Bruno, Chano, Chino e Isi; pola súa banda, os de Narón venceron en cuartos ao Parrulo (4-2).
“Chegar á final é un obxectivo claro do equipo e do club. Queremos traer a nosa primeira Copa Galicia este ano para Burela” explicaba o técnico laranxa, Daniel Ibañes, incidindo na ilusión que teñen depositada xogadores e corpo técnico na competición. O adestrador fai un chamamento á concentración ante un rival que os agarda moi motivado: “Unha eliminatoria a un só partido sempre pon as cousas ao 50%, será complicado e nesta ocasión aínda será máis difícil; medirémonos a un rival que non o está pasando ben na liga e que quererá conseguir o premio da final da Copa ante a súa afección”.
Daniel Ibañes poderá dispoñer de todo o vestiario a excepción de Mata e Iago Míguez, en proceso de recuperación das súas respectivas lesións. Carlitos, ausente en Jumilla por unha artitre nun pé, volveu onte aos adestramentos.
O outro candidato ao título irmandiño sairá do envite entre A Estrada Inversia FS, de Terceira, e Santiago Futsal, compañeiro de batallas dos laranxas en Primeira, que se verán as caras o 9 de marzo.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas