26/02/2016

Aperitivo de Copa de España en Vista Alegre

Aperitivo de Copa de España en Vista Alegre

O Burela FS Pescados Rubén saltará mañá ao seu mausoleo, na 22ª xornada de Primeira LNFS, para medirse ao Catgas E. Santa Coloma nun duelo que promete moita emoción, entre rivais directos para o play off e como aperitivo da Copa de España Guadalajara 2016. O encontro poderá seguirse en directo a través de lnfsdirecto.com (18.30 horas).



Os de Daniel Ibañes pelexarán por manter a boa racha das últimas xornadas defendendo a sétima praza (27 puntos) fronte á oitava dos cataláns (25 puntos). “Faltando tan pouco para a Copa, este partido será, sen dúbida, un bo termómetro para Guadalaxara; seguro que será un partido bonito” reflexionaba o técnico do Pescados Rubén, facendo fincapé na boa etapa que está vivindo o conxunto irmandiño, clasificado esta semana para a final da Copa Galicia tras impoñerse ao Cidade de Narón (2-5): “Estamos nunha boa etapa de resultados e de xogo, pero o que é máis importante, desde Zaragoza, demos un paso adiante, demostrando que estamos aprendendo a competir” explicaba o adestrador.



Xunto ás ausencias dos lesionados Matamoros e Iago Míguez, será dúbida Chino, que xa non puido disputar o partido de Copa Galicia esta semana por unha contractura na coxa. No partido de ida, con vitoria para os laranxas po r 5-8, precisamente o 20 burelista anotou 5 dos tantos visitantes.



O CD Burela Pescados Rubén realizará esta tarde a última sesión da semana (16.00 horas).



Convocatoria Burela FS Pescados Rubén (provisional): 1. Edu, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 12. Petry, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Jorge Bellvert, 20. Chino (dúbida), 23. Antoñito, 30.Hélder



Convocatoria Catgas E. Santa Coloma: 3. Fabián, 4. Pablo do Moral, 5. Rubén, 7. Adolfo, 8. Dani Salgado, 10. Sepe, 12. Corvo, 13. Rangel, 17. Rafa López, 21. Didac, 31. Prieto

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.