23/03/2016

Segovia e o Triangular de Imdecum, entre as citas do Futuro Laranxa

Segovia e o Triangular de Imdecum, entre as citas do Futuro Laranxa

Como toda unha tradición xa na Semana Santa, o Futuro Laranxa participará no  IV Torneo Ciudad de Segovia na categoría cadete e no Triangular da Fundación Imdecum en prebenxamíns, benxamíns e alevíns. Tamén continuará rodando o esférico na Liga Primavera.



Os máis maiores da escola burelista regresarán a unha das palestras de máis renome da base española entre mañá e o sábado xunto a DLink Zaragoza, Las Rozas Boadilla, Nueva Elda, O Parrulo FS, Palma Futsal, Ribera Navarra FS, CD Salamanca, Naturpellet Segovia, Unión Segovia FS. O conxunto de Christian Fustes compartirá o Grupo 1 con Nueva Elda, Las Rozas Boadilla, Palma Futsal e Naturpellet Segovia.



No Triangular de Semana Santa 2016 da Fundación Imdecum, os equipos laranxas saltarán mañá á pista do pavillón burelao de Vista Alegre con ACD Xove, ED Alfoz e Castrelo FS, nunha intensa xornada que se clausurará ás 20.45 horas.



 



Consulta todos os partidos no documento adxunto

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.